O Mundo que nos rodea: Formas de representar A Terra

Neste tema imos ver unha introducción a:
- As formas de representar A Terra
- Cartografía, planos e mapas
- A orientación no espazo

Nunca presenciastes a saída do Sol? É case seguro que non verdade? Claro: o Sol levántase máis cedo ca vós. Se algunha vez podedes presenciar este fermoso espectáculo, veredes que se levanta por... (indíquese a paraxe); esta dirección chámase Leste ou Levante.
Observade logo, ao rematar a tarde, e veredes que o Sol se pon polo lado contrario, é dicir, por... (indíquese a paraxe): esta dirección chámase Oeste ou Poñente.


Este ou Levante é a dirección por onde sae o Sol.
Oeste ou Poñente é a dirección por onde se pon o Sol.
Norte é a dirección en que está o Sol ao mediodía.
Sur é a dirección oposta ao Norte.
Estes catro puntos cuxa dirección nos indica o Sol, chámanse puntos cardinais.
En resumo, os puntos cardinais son catro: Este, Oeste, Norte e Sur. Orientarse é buscar a dirección dos puntos cardinais.
O Compás é un instrumento que consiste nunha agulla imantada que se dirixe sempre ao Norte.


Unha canción con moita marcha, para que non vos perdades:



A través destas actividades serache máis doado: 




Comentarios

Unknown ha dicho que…
Hola Chilse¡¡¡ Creo que esta página te va a gustar:

http://ntic.educacion.es/w3//eos/MaterialesEducativos/mem2000/astronomia/chicos/index.html

;-)
Unknown ha dicho que…
por cierto: A Noa le cuesta pero le gusta mucho el juego de la oca y el de geografia¡¡¡