Vivimos nunha realidade na que cada vez estase a impoñer máis a festa de Halloween na véspera de Todos los Santos. Parques temáticos, películas e series de T.V, tendas de disfraces e máscaras relacionadas con cabazas, fantasmas, morcegos, esqueletos, bruxas, arañas, espantallos...tamén chegan ás escolas.
A min paréceme un divertido xeito de facer xogos e festas nas que a imaxinaxión e a fantasía xogan un papel principal.. Ingredientes que non lles faltan aos nosos nenos/as e que necesitan, sobre todo, expresar e comunicar.
Con motivo de Halloween os nenos poden divertirse e vivir por un día no outro lado da moeda. En vez de fantasiar e xogar cos personaxes de príncipes e principesas, maxia boa, paraísos, amor e dozura; deixan voar a súa imaxinación co non tan bonito, os monstros, o escuro, o misterioso, o medo, a morte. Fano con alegría e diversión. É motivo de festexo ir vestido de bruxa, de fantasma, de morte, pintados de vermello para simular sangue...
¿Porqué xustificamos estas festas dentro da nosa programación?
Alonxándonos de todo matiz relixioso ou moralista penso que todo o que lles pode dar medo na noite de Halloween resulta divertido. Polo tanto, pódelles servir para desmitificar ou achegarse a algúns dos seus medos: esta noite rímonos dos monstros e fantasmas!! As caveiras son divertidas!! O sangue dá risa, ja, ja!! Un bo pretexto ou ocasión para expresarnos aprendendo a rirnos do medo e medrando así en seguridade e autoestima.
Chilse con amigos: Mickey y los Little Einsteins.
Chilse con amigos: Mickey y los Little Einsteins.
Comentarios