¿Lembras? Xa sei que coñeces o conto. O ano pasado fixémolo os profes no teatriño de guiñol da biblioteca. Da man do profe Manu, primeiro fixemos "¿A qué sabe a lúa?", e despois representamos "Corre corre cabaciña". Este ano ¿a quen lle tocará? Déixovos o conto, moi apropiado para este Samaín, e un xoguiño para saber máis.
Preme en "Ler máis..." para descubrir todo!!!
Eva Mejuto: Corre corre, cabaciña
Ilustraciones de André Letria Col. O. OQO Editora. Pontevedra, 2006 |
Érase unha vez unha anciá que vivía nunha casa da aldea, quen un día recibiu unha carta da súa neta invitándoa á súa voda. Ela púxose tan contenta que botou andar deseguida para non chegar tarde. Ao pouco anaco encontrárona, sucesivamente, un lobo, un oso e un león. Os tres dispoñíanse a comer á avoiña, pero aos tres convenceu de que a agardasen ao regreso, pois estaría máis gorda. Participou na festa da voda e cando chegou a hora de volver para casa, a avoa sentiu medo polas tres feras. A neta cortou a cabaza máis grande da horta, abriulle unha porta pequena, por onde se meteu a anciá, e botouna a rodar camiño abaixo. Cando pasou xunto a eles, o león, o oso e o lobo preguntáronlle á cabaza se vira unha anciá e unha voz respondeulles dende dentro que non vira tal, e animaba á cabaza a correr. Chegou toda contenta a casa por burlalas, e as tres feras, fartas de esperar horas, caeron durmidas no camiño e soñaron con cabazas faladoras.
|
Comentarios